Novas y comunicaos        

 

PSOE y PP condenan a morte nel Estatuto al patrimonio llingüístico asturiano [11/xuyín/2008]

El acordo alcanzao entre el PSOE y el PP asturianos prá redacción nova del artículo 4.º del Estatuto d’Autonomía d’Asturias supón úa condena a morte de facto das llinguas propias d’Asturias. El gallego-asturiano y el asturiano, llinguas faladas nesta terra dende hai siglos y que tán nestos momentos nun proceso de desaparición por nun tresmitirse ás xeneracióis novas, precisan d’úa política urxente y decidida de promoción y normalización social que namáis se pode garantizar col marco xurídico que tein el resto de llinguas nel estao: a oficialidá.

A redacción del artículo 4.º que propóin PSOE y PP trátalas como obxetos de museo pra conservar en formol y non como os vehículos de comunicación y elementos d’identidá que son. Cuatro carayadías al ano y úa promoción light nun van frenar el proceso de sustitución lingüística actual. Os nenos nun van aprender a llingua de sous padres porque as condicióis sociales nun lo van favorecer: nun la van usar nel sistema educativo nin la van ver nos medios de comunicación públicos nin nel administración asturiana y el uso d’esas llinguas nun vai ser xurídicamente válido. Eso sábenlo os responsables dos dous partidos mayoritarios en Asturias y, polo tanto, ellos –el sou provincianismo, el sou complexo d’inferioridá, el sou desprecio– van ter a responsabilidá histórica d’enterrar a sabendas as llinguas que falaban os sous antepasaos. Os militantes d’esos partidos que naceron y se criaron con esas llinguas, que las aprecian y las falan, y que nun comparten el provincianismo d’esas aristocracias políticas, tein que decidir se colaboran nestos acordos etnocidas ou se sustituyen d’úa vez a úas élites acomplexadas que desprecian as súas reices.

Xeira, que lleva dende el sou nacemento como asociación tentando de llograr pral gallego-asturiano el reconocemento que merez, y que trabaya solidariamente tamén cua defensa del asturiano, nun pode máis que llamentar a cegueira das cúpulas dirixentes del PSOE y PP asturiano. Cua súa actitú non solo tán sentenciando a morte ás nosas llinguas senón que tán insultando a os asturianos convertíndolos en ciudadanos de segunda y tratando el sou patrimonio llingüístico como indigno de ter el mesmo tratamento xurídico qu’as demáis llinguas del estao.

Al outro llao da fronteira d’Asturias, en Galicia, imos a seguir vendo úa televisión pública en gallego, un sistema educativo con úa presencia importantísima del gallego, us responsables políticos y culturales que falan públicamente en gallego... y, mentres tanto, a poucos quilómetros, en Asturias, úa llingua morrendo, que xa nun falan os máis novos, que s’estudia hora y media á semana namáis en dalgúas escolas –sin llibros nin material–, que nun sal nos medios de comunicación y qu’os responsables políticos tratan como se fora úa peza de museo.

Así y todo, úa reforma del artículo 4.º como a que queren aprobar PSOE y PP nun vai resolver el conflicto nin el déficit democrático qu’hai en Asturias. Ha seguir habendo úa parte mui importante y dinámica da población que vai reclamar os sous deretos democráticos: nin máis nin menos que naide. Un Estatuto d’Autonomía que nun reconoza a oficialidá al gallego-asturiano y al asturiano é un Estatuto que desprecia a os asturianos y a ese patrimonio llingüístico que tanto dicen queren os dirixentes de PSOE y PP peró que, en realidá –y ei tán as declaracióis que fain un día si y outro tamén–, dáyes noxo y nun yes importa un carayo.

A Caridá, 11 de xuyín de 2008

Convócase el XVIII Premio Xeira de narracióis curtias [11/xuyín/2008]

Xa ta convocada a XVIII edición Premio Xeira de narracióis curtias en gallego-asturiano. Hai que recordar a toda a xente interesada en participar qu’el premio é de 500 euros, qu’el prazo péchase el 15 d’outubre y qu’as bases pódense consultar nesta mesma páxina, na sección «Qué femos».

 

El XVII Premio Xeira vaise entregar en Grandas [27/marzo/2008]

El sábado 12 d’abril, ás 20:00 horas, nel Salón d’Actos da Casa da Cultura de Grandas de Salime vaise fer el acto d’entrega del Premio Xeira de narracióis curtias, que na edición XVII foi prá escritora xixonesa Marisa López Diz pol sou relato «A fiya del xastre». A súa vinculación familiar con Grandas de Salime llevóu a Xeira a pensar na capital grandalesa como escenario prá entrega del premio.

As actividades van empezar antias del propio acto lliterario, con úa visita ás 16:45 horas al castro y aula didáctica del Chao Samartín, nel llugar de Castro. A entrega del premio vai cuntar, ademáis de cuas intervencióis da premiada, del presidente de Xeira y das autoridades presentes, con dúas actuacióis musicales. Os primeiros en subir al escenario van ser os rapaces de Mezá, el sesteto folk de Bual que xa tocóu nel Auditorio da Caridá na edición anterior del premio y que tan bon sabor de boca deixóu.

Vai poñer el ramo á xornada el dúo Mestura, formao pol guitarrista Luis Suárez y a premiada, a cantante Marisa López Diz. Este dúo, con dous discos nel mercao, preparóu un reportorio especial pral acto escoyendo temas cantaos en gallego-asturiano.

 

Xeira participa nas xornadas del sindicato Suatea sobre Llingua y Educación [27/marzo/2008]

El 4 y 5 d’abril, nel Antigo Instituto Xovellanos de Xixón, vanse celebrar as Xornadas de Llingua y Educación qu’amaña el sindicato asturiano Suatea. Vai haber mesas redondas, paneles d’esperiencias y coloquios unde se van tratar todo tipo de cuestióis relacionadas cua llingua, a formación del profesorao, as esperiencias educativas y a política llingüística.

Nestas xornadas el gallego-asturiano ten abonda presencia, non solo entre os participantes nas mesas redondas senón tamén na propia edición del díptico, que ta en asturiano y na nosa llingua.

El venres 4 d’abril, ás 18:30 horas, Xosé Miguel Suárez vai participar representando a Xeira nel panel d’esperiencias «Os axentes sociales y a defensa dos deretos llingüísticos», unde van tar presentes representantes da Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana, da emisora en asturiano Radio Sele y del semanario «Les Noticies». El sábado 5 d’abril, ás 16:00 horas, Angélica Fernández Taborcías vai falar del enseño del gallego-asturiano na mesa que se vai fer pra espoñer as esperiencias educativas na Educación Primaria.

 

Marisa López Diz gana el XVII Premio Xeira [10/novembre/2007]

El relato «A fiya del xastre», de Marisa López Diz, acaba de ganar a XVII edición del Premio Xeira de narracióis curtias en gallego-asturiano. El xurao, formao polos escritores Manuel García-Galano, José Manuel Martínez Castro, M.ª José Fraga Suárez y Rafael Cascudo Noceda, acordóu conceder el premio, dotao con 500 euros, al relato de López Diz.
Marisa López Diz (Xixón, 1970) ten vinculación familiar con Grandas y eso llevóula a alternar el cultivo da lliteratura tanto en asturiano como en gallego-asturiano. Na primeira das llinguas ten publicaos dous poemarios, Tiempu de tristura (1998) y Poemes de carambelu (2007), ete último pral público infantil. Hai ben pouco acaba de publicar outro poemario, este en gallego-asturiano: A terra esqueicida, editao pola editorial Trabe na súa colección de poesía Albera. Antias d’eso xa publicara poemas na nosa llingua en revistas del Academia da Lingua Asturiana como Lliteratura ou Lletres Asturianes y parecera nel antoloxía Unde letras falan. Antoloxía da poesía en galego-asturiano (1891-2006).
Marisa López Diz tamén forma parte del dúo Mestura, col que sacóu un disco, «Agua del norte», unde incluía un tema d’ella cantao en galego-asturiano: «Días de cinza».

 

Xa ta convocao el XVII Premio Xeira de narracióis curtias [11/xunio/2007]

Como vén sendo avezo, el acto d’entrega del premio del edición anterior, feito na Caridá el sábado 9 de xunio pasao, valíu tamén pra fer a convocatoria pública del XVII Premio Xeira de narracióis curtias en gallego-asturiano. Recordamos a toda a xente interesada en participar qu’el premio é de 500 euros, qu’el prazo péchase el 15 d’outubre y qu’as bases pódense consultar nesta mesma páxina, na sección “Qué femos”.

 

El sábado 9 de xunio entrégase na Caridá el XVI Premio Xeira [29/mayo/2007]

A entrega del que xa é XVI Premio Xeira de narracióis curtias hase fer nun acto que se vai celebrar el sábado 9 de xunio nel auditorio da Casa da Cultura del Conceyo del Franco, na conocida como A Casa das Quintas, na Caridá. El acto cultural empeza ás nove da noite y ábrese cua entrega del premio á escritora caridega Aurora Bermúdez Nava, ganadora col sou relato “Tempo de dolor”.
Despóis das intervencióis das autoridades presentes y das palabras del presidente del asociación, Xabiel G. Menéndez, vaise pasar á segunda parte del acto, unde vai haber tempo pral teatro y prá música.
Javier del Dios, actor del grupo de teatro “Juan Manuel Méndez” da Caridá, vai actuar con un monólogo humorístico abrindo úa vía que, anque é ben conocida a través da televisión, einda ta por esplorar nel panorama teatral del occidente asturiano.
A xornada péchase col actuación del grupo folk Mezá. Este cuarteto amáñanlo os ermaos Andrés y Miguel (de Bual), Eka (de Navia) y Carlos (uviedín, anque oriundo de Bual). El grupo botóu a andar hai ben pouco, peró xa participóu nel Concurso y Mostra de Folclore “Ciudá d’Uviéu” y chegóu hasta as semifinales. Hai que destacar qu’a media d’edá dos compoñentes de Mezá é de decisete anos, el que pode dar úa idea das posibilidades del cuarteto y del interés col qu’é seguido entre os amantes da música de reiz nel occidente asturiano.
A entrada, como sempre, ta aberta a todo el público.

 

Xeira denuncia obras irregulares na Capiya de San Antonio de Mántaras (Tapia) [17/abril/2007]

As obras de saniamento feitas en Mántaras (Tapia) neste inverno que salíu fixeron ter que volver asfaltar as pistas qu’arrodían a Capiya de San Antonio, fundada, según el sou llibro de fábrica, en 1660. Pra fer el asfaltao, el Conceyo amañóu un perímetro arrodiando a capiya y os restos de campo que tía alredor. A sorpresa foi que despóis enchéu el perímetro con hormigón col intención de despóis pisallo todo de pedra.
Esta decisión, ademáis de fer desaparecer el campín qu’arrodiaba a capiya, fexo qu’a construcción quedara máis empozada del que xa taba y qu’os bancos de pedra que tía por fora quedaran cuase enterraos. Fíxoseye, ademáis, úa escaleira pra salvar el desnivel entre a carretera y a porta. Ante este destrozo y a noticia de qu’el Conceyo cuntaba dar máis altura al banco pra tentar d’amañar el dexobeiro, Xeira denuncióu os feitos al Servicio de Patrimonio Histórico y Cultural da Conseyeiría de Cultura.
El Servicio, por fax y por carta, recórdaye al Conceyo tapiego qu’a capiya ta protexida según a Llei de Patrimonio Cultural y que cualquera obra que podera afectalla tein que dalla de paso na Conseyeiría. Pídeye tamén que ye remitan el documento técnico unde teñan definidas esas actuacióis y recórdaye que cualquera intervención que se faga ten que respetar as características orixinales da contornada y os niveles das rasantes. Son precisamente estos dous aspectos os que se vulneraron nas obras.

 

Xeira participa na inauguración da Casa da Cultura del Franco [12/abril/2007]

A inauguración da Casa da Cultura del Franco na casúa das Quintas (A Caridá) cuntóu cua presencia das autoridades municipales y autonómicas. As asociacióis culturales del conceyo, entre ellas Xeira, convocaron a os vecíos del conceyo y participaron con dalgúas actuacióis nel acto feito nel auditorio.
A parte correspondente a Xeira ocupóuse con un recital amañao por nembros del asociación que recorréu os empezos da poesía en gallego-asturiano a últimos del s. XIX hasta a os escritores y escritoras actuales. Aprovetóuse a presencia del presidente asturiano, D. Vicente Álvarez Areces, pra reclamar úa vez máis a oficialidá das dúas llinguas d’Asturias.

 

Fallo del XVI Premio Xeira de narracióis curtias [13/novembre/2006]

El pasao llúis, 13 de novembre, fallóuse na Caridá el XVI Premio Xeira de narracióis curtias en gallego-asturiano.
El xurao, formao por D. Manuel García Galano, D. Rafael Cascudo Noceda, D. Alfredo González Fernández y D. José Manuel Martínez Castro, y actuando como secretaria Da. María José Fraga Suárez, acordóu, por unanimidá, concederye el primeiro premio a Da. Aurora Barmúdez Nava, pol sou relato Tempo de dolor.

A ganadora d’esta convocatoria, nacida nel ano 1965, é natural da Caridá (El Franco). Ta titulada en Maxisterio y é Esperta en Asturiano y en Gallego-Asturiano. Trabaya dende 1999 como profesora de fala nel C. P. “Príncipe de Asturias”, en Tapia, y nos últimos cursos tamén nel C. P. “Jesús Álvarez Valdés”, da Caridá. Además, é profesora de Didáctica nos cursos de capacitación en gallego-asturiano pra docentes qu’organiza a Academia de la Llingua Asturiana.

Aurora Bermúdez Nava ten publicaos trabayos na revista Entrambasauguas y nas Actas das segundas sesióis d’estudios del occidente.

Nel relato ganador d’esta convocatoria del Premio Xeira, Tempo de dolor, el narrador enfréntase á enfermedá y á morte, reflesionando dende a primeira persona sobre úa esperiencia que trastoca el ritmo da súa vida.

El premio Xeira de narracióis curtias en gallego-asturiano, creao polla Asociación Cultural Xeira pr’axudar a promocionar el uso lliterario del gallego-asturiano, ten úa dotación de 500 euros.

 

A nosa fala na Semana Cultural da Caridá [15/setembre/2006]

Entre as actividades da Semana Cultural que se vai fer na Caridá con motivo das festas de Samiguel a nosa fala ten abonda presencia. El mércoles 20 de setembre, ás 7:30 da tarde, nel Salón de Sesióis del Conceyo, Ignaciu Llope ha dar úa conferencia col título «Dalgús mitos galleguistas sobre el Occidente d’Asturias». El venres 22, ás 8:00, nel mesmo sito, dous nembros de Xeira presentan as súas últimas obras: Fredo de Carbexe, el sou poemario Soños de pellegrín; Xosé Miguel Suárez Fernández a súa antoloxía da poesía en gallego-asturiano (1891-2006), Unde letras falan. Al cabo, el sábado 23, á mesma hora, el xeógrafo cuañés Benxamín Méndez ha dar úa conferencia col título «A casa tradicional na marina occidental asturiana».

 

Ésito da nosa lliteratura na Feria Campomar [15/setembre/2006]

Del 24 al 27 de setembre Xeira volvéu poñer el sou posto na Feria Campomar de Tapia. Nél os visitantes poderon poñerse al día das novedades editoriales en gallego-asturiano ademáis de conseguir obras editadas noutros anos y material de propaganda da nosa fala. Un total de trece personas turnáronse pr’atender el posto de Xeira unde non solo había el fondo editorial del asociación senón tamén el da Secretaría Llingüística del Navia-Eo y todas as novedades d’outras editoriales y entidades. Entre os máis vendidos tuvo, como sempre, a revista Entrambasauguas, ademáis del llibro Vento d’outono, de Manuel García-Galano, personaxe del ano en Tapia despóis del homenaxe que se ye fexo y del sou nomamento como académico d’honra del Academia da Llingua Asturiana. Entre as muitas novedades editoriales qu’houbo este curso y que se venderon na feria, ademáis das Actas das Segundas Sesióis d’Estudio del Occidente y Renguileiras, editaos os dous pola Secretaría Llingüística del Navia-Eo, tuveron Cua lluz prendida, de M.ª José Fraga, Soños de pellegrín, de Fredo de Carbexe, Literatura de tradición oral en Presno, de M.ª Carmen García, ou ¡Xa chegan os Quirotelvos! y Unde letras falan, de Xosé Miguel Suárez. Tamén tuveron dúas obras de teatro na nosa fala d’antias da Guerra Civil recuperadas agora: El trato (1925), de Francisco F. Arias Campoamor, y Condo el cariño é de verdá (1936), del Agrupación Artística d’Armal.

A esperiencia da feria demostróu el interés cada volta mayor da xente pola nosa llingua, ademáis del importancia que ten qu’haxa abonda oferta lliteraria pra que tamén os llectores aumenten.

Xeira denuncia a precariedá da escolarización del gallego-asturiano [2/xunio/2006]

Con motivo del festexo del Días das Lletras Asturianas na Veiga, unde s’axuntaron os nenos y nenas que siguen el asignatura de gallego-asturiano nas escolas y centros de secundaria del Navia-Eo, Xeira quer denunciar a situación de precariedá da escolarización d’esta llingua.
Nas declaracióis feitas por representantes del administración educativa é d’apreciar el interés qu’amostran al decidirse al cabo pola elaboración de llibros de texto pral asignatura, peró nun compartimos el tono optimista y un pouco trunfalista del análisis dos datos: falar d’un incremento na escolarización porque aumentara un 6% en Primaria ou un 8% en Secundaria é escesivo. A realidá é qu’el asignatura sigue dándose nos mesmos centros qu’hai muitos anos y qu’el sou númaro nun medra. Einda máis, dende qu’empezara a esperiencia nel curso 90/91 hai centros unde se deixóu de dar como en Xarrio, Valdepares, Grandas ou nel CRA Eilao-Sarceda (este último porque el administración nun cubríu a praza a pesar d’haber abondos alumnos). Outro dato máis: en Luiña (Ibias), unde el Principao tampouco cubríu a praza de gallego-asturiano, na escola acabaron cambiando a oferta de gallego-asturiano pola d’asturiano y agora atopámonos con que se ta dando asturiano dende hai dous cursos nun centro d’úa zona de fala gallego-asturiana col beneplácito del administración educativa.
Nel feito de que desaparecera el asignatura en dalgús centros de Primaria unde xa se brindaba ten muito peso a precariedá d’esas prazas que, como nel caso del asturiano, nun esisten como tales nos catálogos d’especialidades (nun tein a personalidá “xurídica” de Matemáticas, Inglés, Educación Física, etc....). Ademáis, en muitos casos convocáronse como prazas a media xornada y itinerantes y esto, combinao cuas poucas personas tituladas en gallego-asturiano, fexo que nun houbera con quén cubrillas. El resultao: a esperiencia nun ten continuidá y centros y padres acaban perdendo el interés.
Peró einda é máis preocupante el feito de que siga sin haber esa asignatura en centros como as escolas da Veiga, Xarrio, Grandas, Bual, Castripol, os Ozcos, etc. É evidente que nestos conceyos os padres nun tán menos “a favor” da fala qu’en Tapia ou en Navia. ¿Qué cambía? Os equipos directivos y os tutores, que tein un papel fundamental al hora de qu’el información chegue a os padres y al hora de qu’estos decidan qué escoyer. A Conseyeiría d’Educación tía que falar claramente cos equipos directivos y garantizar que nesos centros se poda recibir el asignatura. Einda recordamos condo el Sr. Riopedre, hai us sete anos, condo entróu como reponsable da, por aquel entoncias, Viceconseyeiría d’Educación, núa xunta en Tapia con profesores y directores dos centros del Navia-Eo, se comprometéu a que, antias de qu’acabar el mandato de cuatro anos, todas as escolas y institutos da zona iban ter clases de gallego-asturiano. Hoi é evidente qu’eso nun se cumpríu, nin en cuatro nin en sete anos: el asignatura namáis se dá en 7 dos 16 centros de primaria y en 5 dos 6 de secundaria.

 

Xeira tuvo presente nas I Xornadas de Toponimia del Navia-Eo [22/mayo/2006]


El venres 19 y el sábado 20 de mayo, el Conceyo del Franco, col axuda da Conseyeiría de Cultura del Principao d’Asturias, amañóu úas xornadas abertas al público unde participaron estudiosos da toponimia que falaron dos criterios que se tán siguindo al hora de recuperar y oficializar ese patrimonio cultural que supóin os nomes dos nosos sitos. Houbo ademáis úa mesa redonda unde participaron alcaldes y representantes de conceyos eonaviegos comprometidos cua recuperación toponímica.
As xornadas pecháronse con outra mesa unde tuveron presentes seis asociacióis culturales da zona: El Alameda del Franco, Asociación Cultural de Rozadas (Bual), San Tirso del Eo (San Tiso d’Abres), Federación d’Asociacióis del Occidente, Rapalacóis (As Figueiras) y Xeira. El apoyo claro das asociacióis al proceso que se ta botando a andar por parte da Xunta de Toponimia nun quitóu pra que Xabiel G. Menéndez, presidente y portavoz de Xeira nesta mesa, fixera úa chamada d’atención pidindo máis implicación ás autoridades estatales, autonómicas y locales, ademáis de reclamar a os medios de comunicación da zona y ás propias asociacióis un mayor uso público da nosa llingua y da toponimia tradicional.

 

XVI Premio Xeira de narracióis curtias en gallego-asturiano [20/abril/2006]


El XVI Premio Xeira de narracióis curtias en gallego-asturiano xa ta convocao y aberto a todos os aficionaos á lliteratura. El premio é de 500 euros y a él pódense presentar todos os relatos qu’el autor ou autora quira. El prazo pra entregallos acaba el 15 d’outubre del 2006. Hai que mandallos por cuadruplicao, nun sobre sin remite con outro dentro, zarrao, cuas señas del autor ou autora. A dirección é: Xeira, Apartao de Correos nº 5, 33750 A Caridá (El Franco), Asturias. Pódense consultar as bases nesta mesma páxina, na sección «Qué femos».

 

Homenaxe al escritor tapiego Manuel García-Galano [22/marzo/2006]

A Secretaría Llingüística del Navia-Eo, del Academia da Llingua Asturiana, d’emparazao col Conceyo de Tapia, Xeira y outras asociacióis y personas del mundo cultural tapiego tein amañao pral sábado 1 d’abril que vén us actos en reconocemento al escritor da Roda Manuel García-Galano.
Ás 12:30, nel Salón d’Actos del Instituto «Marqués de Casarego» de Tapia, vaise presentar el llibro Vento d’outono, que recoye todas as colaboracióis del escritor tapiego na revista Entrambasauguas. Han a falar autoridades y amigos del Galano y ha a actuar a Banda de Gaitas Marino-Tapiega.
De tarde, ás 5:00, núa carpa posta pral ocasión na praza delantre del Igresia Parroquial, han a actuar a Coral Polifónica de Tapia, el grupo de teatro Pico de Faro da Roda, qu’ha a poñer el obra Estruñóis da vida, a rondalla Brisas Tapiegas, el grupo de folk Ayalga y el grupo de teatro Ameicer de Tapia, col obra Quieto parado. Entremedias das actuacióis han a ller textos del autor nenos y nenas da escola y del instituto de Tapia.
Trátase, al cabo, d’un reconocemento público al llabor d’este autor veterano que mantuvo el cultivo del gallego-asturiano núas décadas difíciles y que cos sous escritos actuales na revista Entrambasauguas axudóu sin ningún prexuicio al actual movemento de recuperación da nosa llingua.

 

El 18 de marzo hase entregar en Tapia el XV Premio Xeira de narracióis curtias [25/febreiro/2006]

El sábado 18 de marzo, nel Salón d’Actos del Instituto de Tapia, hase fer ás oito da tarde el acto d’entrega del XV Premio Xeira de narracióis curtias, que ganóu nesta edición el escritor Ricardo Saavedra Combarro.
Como complemento al acto lliterario vaise presentar tamén el última novedá editorial de Xeira, el llibro de narracióis Cua lluz prendida, da escritora franquía M.ª José Fraga Suárez.
El peche del acto hanlo a poñer dous grupos asturianos de folk acústico, Tuenda y Dual, que tán presentando por Asturias os sous respectivos trabayos discográficos y que pra esta ocasión especial han a amañar un reportorio centrao nos conceyos eonaviegos.

 

Xeira protesta ante a UNESCO pola candidatura luso-gallega [14/novembre/05]

Xeira mandóu un escrito á Unesco refugando a candidatura qu’incluye como parte del patrimonio cultural luso-gallego tradicióis y costumbres del estremo occidental d’Asturias. Nel escrito destácase que ningún órgano local nin autonómico asturiano foi consultao de xeito oficial polos promotores da candidatura, circunstancia esta qu’invalida úa das normas d’este tipo de propostas: a colaboración y implicación das comunidades concernidas.
Denúnciase tamén qu’a inclusión da nosa zona nesa candidatura nun supón a recuperación cultural autóctona senón a superposición d’úa identidá qu’os asturianos y asturianas del occidente nun sinten como súa.

 

Ricardo Saavedra gana el XV Premio Xeira de narracióis [8/novembre/05]

El escritor uviedín Ricardo Saavedra Combarro ganóu el última edición del premio que convoca el asociación Xeira pra premiar a miyor narración curtia en gallego-asturiano. El premio, de 500 euros, llevóulo col relato titulao “As partixas”. Saavedra Combarro é filólogo y xa ten recibido dalgús premios de narrativa en asturiano. A súa vinculación familiar con Bual llevóulo agora tamén a escribir en gallego-asturiano.

 

Xeira na plataforma del Conceyo Aberto pola Oficialidá (CAO) [1/outubre/2005]

El día 5 de novembre el Conceyo Aberto pola Oficialidá, plataforma qu’axunta a un feixe d’asociacióis, partidos y sindicatos asturianos, convoca a úa manifestación en Uviéu pra esixir a oficialidá del asturiano y del gallego-asturiano na reforma que se vai fer del noso estatuto d’autonomía.

Xeira, col axuda d’outras asociacióis y particulaes del occidente, participa activamente nesta plataforma. Nel última manifestación, feita en Uviéu el día 5 de marzo del 2005, el occidente tuvo presente con úa pancarta y un peteiro de personas reclamando al pé del asturiano os deretos llingüísticos pral gallego-asturiano. Igual que prá convocatoria de novembre, el CAO fexo úa edición na nosa llingua dos carteles da manifestación que s’apegaron polas paredes del occidente nos días previos.

 

Xeira pide úa entrevista con Areces [15/setembre/2005]

Núa carta mandada tamén á Conseyeira de Cultura del Principao, Xeira denuncia ante el Presidente asturiano el feito de que nos últimos tempos institucióis forasteiras quiran atribuirse funcióis de política llingüística que nun yes corresponden. Peró pral asociación «inda resulta máis chocante que quen debe fer el llabor de protexer y desarrollar el patrimonio cultural y, por tanto, de preservar a identidá del sou territorio, nun lo teña entre as súas prioridades, deixando esta zona da comunidá nel máis absoluto desamparo y dedicándose nada máis qu’a salir al paso d’estos atropellos con declaracióis que sempre quedan en titulares de réplica a outros qu’aparecen nos periódicos». Na carta pídeseye tamén «a dignificación del noso patrimonio llingüístico y cultural», proceso «que ten qu’empezar cua declaración da oficialidá del asturiano y del gallego-asturiano».

Al cabo, solicítaseye úa entrevista inmediata pra espresarye os esmolementos de Xeira y «pra qu’as armas llegales das que pode fer uso el Goberno del Principao se poñan al servicio da defensa dos nosos deretos».

 

Xeira na Feria Campomar de Tapia [29/agosto/2005]

Entre os días 25 y 28 d’agosto Xeira tuvo presente con un posto na Feria Campomar de Tapia. A lo llargo d’esos días úa montueira de visitantes puido conocer y comprar llibros en gallego-asturiano y llevar pegatinas y folletos cuas campañas del asociación.
Dende as dez da mañá hasta as dez da noite, úa docía de nembros de Xeira foron turnándose todos os días pra poder atender el stand. Tamén se cuntóu cua presencia del asociación Rapalacóis das Figueiras.

El posto de Xeira na feria é un bon xeito de comprobar el interés da xente polas publicacióis na súa llingua y pr’amostrar el que se ta fendo dende as asociacióis que trabayan pola normalización del gallego-asturiano.

 

Xeira festexa el Día das Lletras Asturianas [21/mayo/2005]

El sábado 21 de mayo, Xeira festexóu na Roda el Día das Lletras Asturianas. Foi un acto feito d’emparzao col Academia de la Llingua Asturiana nel que falaron, ademáis del presidente de Xeira, Xabiel G. Menéndez, a presidenta del Academia, Ana Mª Cano González, el académico correspondiente pola nosa zona, José Antonio Fernández Vior, y el alcalde del conceyo de Tapia, Gervasio Acevedo.

Houbo un recordo especial pral escritor Jacinto Díaz López, coautor d’un vocabulario da Roda y autor del llibro Ditos, refráis y outras cousas, ademáis de ser ganador núa ocasión del Premio Xeira de narracióis curtias. Este escritor, morto nel ano 2004 a os 96 anos, foi recordao a través d’un montaxe audiovisual que repasóu a súa vida y as súas palabras.


Xeira apoya a recuperación da toponimia tradicional del Franco [9/mayo/2005]

Hai que felicitar al alcaldesa del conceyo del Franco, Cecilia Pérez, pola súa búa disposición al hora de recuperar a toponimia franquía. Pola súa iniciativa, solicitóuse á Xunta de Toponimia del Principao d’Asturias el informe correspondente pra, despóis de sometello á consideración das asociacióis culturales del conceyo, remitillo á Xunta prá súa aprobación. Xeira mandóu el sou parecer sobre el informe toponímico, destacando el rigor del mesmo y el sou procuro al hora de reflexar a pronunciación máis tradicional.

El proceso recuperador completóuse col aprobación da llista oficial de topónimos del Franco por parte del Conseyo de Goberno del Principao na súa sesión del 21 d’abril, y cua publicación d’ese acordo nel BOPA de 6 de mayo de 2005. A partir d’agora, por llei, as únicas denominacióis oficiales pras entidades de población del conceyo é a tradicional. Namáis nel caso del Porto s’aprobóu úa denominación dobre (El Porto/Viavélez).

En varias declaracióis na prensa y na televisión, Xeira defendéu os criterios de recuperación da toponimia a os qu’obriga a llei y denuncióu a campaña de desinformación y manipulación qu’amañaron dalgús sectores a os que yes dá noxo todo el que poda ter que ver cua nosa llingua y con poñella al nivel de dignidá que merez.

 

XV Premio Xeira de narracióis curtias en gallego-asturiano [16/abril/2005]

Ta convocao el XV Premio Xeira de narracióis curtias en gallego-asturiano. El premio é de 500 euros, pódense presentar a él todos os relatos que se quira, el tema é llibre y el prazo acaba el 15 d’outubre del 2005. El xeito de mandallos é el avezao neste tipo de convocatorias: por cuadruplicao, nun sobre sin remite con outro dentro, zarrao, cuas señas del autor ou autora. A dirección é Xeira, Apartao de Correos nº 5, 33750 A Caridá (El Franco), Asturias.

 

Entrega del XIV Premio Xeira de narracióis curtias [16/abril/2005]

Con un Salón d’Actos da Casa de Cultura de Castripol chen de xente, entregóuse el XIV Premio Xeira á escritora de Piñeira (Castripol) Ágata García Castro, pol sou relato «Gol». Nel acto, ademáis das palabras da premiada y del presidente del asociación Xeira, tamén houbo as intervencióis del alcalde del conceyo anfitrión, José Ángel Pérez, y del responsable del Oficina de Política Llingüística del Principao d’Asturias, Ramón d’Andrés.

Aprovetóuse el acto pra fer úa presentación pública da campaña «¿Xa pensache cómo ye has chamar?», dirixida a promocionar el uso de nomes de persona na nosa llingua, tanto al asentar os pequenos como al hora de mudar el nome dos adultos qu’asina lo quiran.
A xornada rematóuse col actuación del grupo folk Darbukka, nun concerto ben guapo unde amostraron el sou reportorio con cántigas en gallego-asturiano.